Description
Enforcement Officer of the Government of Galicia for the consultation of cultural events.
Buscas unha app que conteña a información dos eventos que se celebran en Galicia?
Axenda Cultura é a aplicación oficial da Xunta de Galicia para a consulta da programación cultural na Comunidade. Dispoñible en galego e en castelán, esta versión completamente renovada, permite consultar os eventos que se van celebrar por data, lugar, tipoloxía e público ao que se dirixen. Ademáis, con esta app poderás filtrar a información en base aos teus intereses, mostrando na pantalla principal aqueles eventos que encaixen coas túas preferencias.
Crea o teu propio calendario cultural con Axenda Cultura!
What's new
Engadimos un sistema de actualizacións automáticas para que sempre teñas a última versión sen complicacións. Tamén fixemos melloras internas para seguir ofrecéndoche a mellor experiencia posible.