Application for the electronic administration of the Xunta de Galicia
XuntaEu é unha app para axudar a relacionarnos coa administración electrónica da Xunta de Galicia.
Permite recibir avisos personalizados, xestionar usuario de Chave365 (cambiar clave de acceso, renovar, modificar teléfono móbil ou darse de baixa), consultar expedientes igual que na sede electrónica ou documentación presentada.
Tamén permite consultar citas coa Administración, a verificación de documentos electrónicos firmados, pago de taxas, e a consulta e modificación dos datos de contacto, dirección etc. da Carpeta Cidadá.
XuntaEu ademáis permite a consulta de apoderamentos recibidos e outorgados, aceptar ou rexeitar notificacións do Sistema de Notificacións de Galicia (notifica.gal), e enviar suxestións ou queixas, así como consultar tarxetas e certificados persoais como poden ser carné xove, familia numerosa, grao de discapacidade e moitos máis...
Facilita ter dispoñibles as tarxetas persoais no teléfono móbil. Estas conteñen un código QR que permite a súa validación por terceiros. Tamén se permite cargar dita tarxeta nun wallet xenérico no dispositivo.
A autenticación na app será mediante usuario e clave de Chave365. Durante o primeiro acceso recibirase un código PIN por SMS que deberá indicarse na app para confirmar que se trata dun dispositivo de confianza.
Será posible acceder con certificado dixital, ou DNI electrónico (DNIe 3.0/4.0) cun dispositivo que dispoña de tecnoloxía NFC.
XuntaEu poderá acceder a ligazóns de contidos e aplicacións de terceiros na internet para proporcionar información e servizos relacionados coa aplicación.
XuntaEu poderá ter acceso de lectura e escritura ao almacenamento no dispositivo para ler e escribir arquivos, fotos, vídeos e audio.
Os devanditos permisos son necesarios para poder descargar, abrir e visualizar certificados ou pkpass.
Condicións de uso: https://www.xunta.gal/xuntaeu/condicions-de-uso
Política de privacidade: https://www.xunta.gal/xuntaeu/politica-de-privacidade
Що нового
Esta versión inclúe a posibilidade de realizar emendas sobre un expediente, directamente dende a acción correspondente na App. Pódese anexar documentación á emenda utilizando a cámara do dispositivo ou seleccionando un arquivo. Tamén se inclúe a mellora da autenticación con DNIe, e outros cambios menores.