Descrição
It allows the registration of the actions taken on pests and diseases
Aplicación móbil para uso exclusivo de persoal técnico forestal e de administración, que realiza tarefas relacionadas coa saúde e vitalidade forestal de Galicia (SAVFOR).
Esta aplicación permite ao persoal autorizado o rexistro de información das diferentes actuacións que se realizan nos montes de Galicia, mediante formularios nos que se recollen diferentes datos dependendo da combinación entre o tipo de actuación, tipo de unidade de intervención (tipo de terreo) no que se traballa e o tipo de praga ou enfermidade.
O persoal técnico de campo ten a posibilidade de traballar sobre unha vista de mapa, que lles permite localizarse e ver os diferentes elementos próximos á súa posición, así como tamén crear novos elementos sobre o mapa empregando as coordenadas obtidas dende o dispositivo móbil.
Permite ao persoal autorizado a posibilidade de traballar sen conexión se se atopan en localizacións onde non se dispoña da mesma, e sincronizar posteriormente a información rexistrada, co servidor central.
Novidades
Melloras funcionais